Sunday 08 de September de 2024

Incendio de dous colectores de lixo no Concello de Carballo


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo acudiron pasadas ás 02:30 a sufocar un incendio nuns colectores de lixo situado no lugar de A Brea, xunto o cemiterio vello, na Parroquia e Concello de Carballo.

No lugar ardían dous colectores de lixo orgánicos e ó lixo acumulado o seu carón. Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo procederon a extinguir os restos de lixo afectados polo lume e a refrixerar toda a zoa.

Na intervención participou tamén unha patrulla da Policía Local de Carballo.